En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 55: Segredos enterrados

En “Serramoura” seguen tras a pista da desaparición de Bieito. No cuartel, Marga e Diego sinalan como principais sospeitosos a moza de Bieito, o seu mellor amigo e, como non, Santos, pola súa relación co mercado negro de ferramentas. Ademais, o bo facer de Quique achega unha nova información sobre o vídeo que apareceu no ordenador de Bieito e suporá un avance na resolución do caso.

Pero todo se complica cando Toño, canso dos protocolos da Garda Civil, decide investigar pola súa conta, o que o vai meter nun serio problema a el e tamén a Marga, porque Tomás non ve con bos ollos que a sarxento Neira lle desvele ao seu mozo detalles da investigación.

Coa Garda Civil ás súas costas, Santos non ten máis remedio que poñerlle freo aos seus negocios, cousa que a Chino non lle agrada e decide seguir pola súa conta.
Por outro lado, dona Teresa tensa aínda máis a relación entre Evaristo e Román, obrigando os dous a traballar xuntos no transporte da madeira. Pero Evaristo non está conforme e argalla un plan para rescindir o contrato e deixar de traballar co seu fillo.