En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 97: En defensa propia

A banda de atracadores á que pertencía Sonia, chegou a “Serramoura” na súa busca. Ante a imposibilidade da dar coa moza, optan por tomar a taberna da vila e con ela todos os clientes que nese momento se atopan no seu interior. Nun principio, só darán con Gloria e Luz, pero axiña a situación se complicará notablemente.
Alleos ao que está a pasar na taberna, no cuartel seguen dándolle voltas á posible identidade do matón que apareceu morto nos montes de Gloria. A resposta terana axiña, pero, se queren resolver o caso, o primeiro que teñen que facer á atopar a Sonia Suárez.