En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 93: A culpa

O tenente Penedo axiña terá que facerlle fronte a un novo caso, xa que unha rede de pornografía infantil semella estar operando na vila. Marga e Diego deberán facerse cargo da investigación coa maior discreción posible. As cousas complicaranse coa chegada a Serramoura de Alba, unha xornalista detrás da noticia. E, para sorte ou desgraza de Diego e Marga, Alba resultará ser moi eficaz no seu traballo.