En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 91: Un mesmo destino

Marga é a única que desconfía da aparencia anxelical de Antía e intenta por todos os medios advertir a Diego e a Tomás de que a avogada oculta algo, aínda que non sabe exactamente de que se trata. O único que ten todas as pezas para resolver o caso é Santos, pero ninguén confía na palabra dun chatarreiro.
Mentres tanto, Teresa segue afectada pola enfermidade e pídelle a Raquel que se poña á fronte do serradoiro e que o faga pensando no futuro do seu neto.