En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 88: "O fío vermello"

Santos clama vinganza. A súa prioridade neste momento é dar cos secuestradores de Lola antes de que o faga a Garda Civil. Santos ten a súa propia lei e, máis ca nunca, ten motivos para demostralo.
A noticia do secuestro non tardará en correr como a pólvora polos recunchos da vila. No posto de mando, o tenente Penedo aparcou a súa excedencia para coordinar o rescate da súa compañeira. Pero quen podería estar interesado en secuestrar a tenente Rivas e por que?