En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 76: Ollos que non ven

A pesar de que os veciños de “Serramoura” seguen sen afacerse á falta de Marga, a vila vai recuperando a normalidade agás por un pequeno detalle. Dous sendeiristas atopan unha man cortada nun cepo de caza. Inmediatamente, no cuartel póñense a traballar no caso e non tardan en sinalar o primeiro sospeitoso. Trátase de Lopo, un cazador furtivo que se caracteriza por utilizar armas de fabricación caseira. Mentres tanto, Tomás está gozando da súa excedencia tras unha intensa vida á fronte do cuartel de Serramoura, e agora ten tempo para dedicarse á pesca de troitas, pero a súa tranquilidade acabarase ao encontrar un corpo flotando no río.