En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 74: 'Dille a Marga que a quero'

Cerqueiro segue empeñado en acabar coa sarxento Neira e co sarxento Bazán, pero non o vai ter doado. Marga e Diego conseguiron poñerse a salvo e gañar algo de tempo para pensar como saír desta. Contan cun aliado de excepción: Peixe.
No cuartel, todos os efectivos están baixo as ordes de Cerqueiro cunha misión moi clara: atopar e deter a Marga e a Diego. E isto afecta directamente o caso das Alicias. Mentres tanto, Bea recupérase da agresión que sufriu de Elías, e ten moi presente que o que toca é fuxir. Pero antes ten que axudar a Abel, gravemente ferido.