En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 72: "Cría Corvos"

 “Eles” conseguiron o seu obxectivo: teñen a Marga. Pero Cerqueiro non quere acabar con ela. O seu obxectivo é máis ambicioso e ten un plan no que a protagonista é a garda civil. Hoxe en “Serramoura”, Cerqueiro tentará que Marga mate a Bolaño para ser libre de novo. Diego, pola súa banda, sabe que Marga está en perigo e iso faino desconfiar de todos os gardas do cuartel. Para evitar que cometa calquera parvada, Tomás pono á fronte da investigación do caso das Alicia. E os resultados non tardan en aparecer. Diego descobre que a suposta Alicia mente máis do que fala e a Quique non lle vai facer graza esa acusación.