En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 70: "Outro espello para Alicia"

 No cuartel de “Serramoura” están desbordados. Como se non tivesen bastante con axudar a Marga, agora a situación complícase coa misteriosa aparición dunha moza na localidade. Segundo os primeiros indicios, podería levar dez anos desaparecida, pero a súa auténtica identidade é por agora un misterio.O tenente Penedo decide que Quique se encargue de investigar o estraño achado. Todo apunta a que a moza se chama Alicia e que será doado atopar os pais.