En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 58: "De pais e fillos"

O principal sospeitoso da desaparición de Bieito para a Garda Civil de “Serramoura” é o seu pai, Toño. Porén, seguen sen aparecer probas contundentes da súa culpabilidade, polo que os axentes non o poden deter. Aínda así, os sarxentos Neira e Bazán saben que están preto de resolver o caso.
Por outra banda, Nico e Lucho están cansos de seguir as ordes de Santos e argallan un plan para conseguir diñeiro rápido. Queren contar coa axuda de Peixe, pero este non está polo labor.
Mentres tanto, Teresa orquestra outro enfrontamento entre Evaristo e Román.