En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 53: "Os pecados dos pais"

Seis meses despois do tiroteo da sarxento Neira, a vida en “Serramoura” volveu á normalidade. No eido persoal, Marga comezou unha relación con Toño, un madeireiro divorciado e con dous fillos adolescentes, Lois e Bieito. Parece que todo vai vento en popa, a non ser polos celos que Bieito ten de Marga e que non se esforza en disimular.
No terreo profesional, incorporouse ao seu posto no cuartel de Serramoura. Nesta ocasión, Tomás recibe o aviso da incipiente actividade dun mercado negro de compravenda de material roubado, polo que non dubida en encargarlles o caso aos sarxentos Neira e Bazán.
En canto ao serradoiro, as cousas marchan como é debido e, de feito, a Gloria vanlle entregar un premio pola súa xestión ao fronte da empresa, algo que non lle sentará nada ben á súa socia. 
Mentres tanto, co paso dos meses e desde a marcha de África, a brecha entre Evaristo Fiúza e o seu fillo Román foise facendo máis e máis grande.