En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 52: "Máis que a nada"

O sarxento Bazán, ao igual que os seus compañeiros, está inmerso na investigación para atopar o responsable do tiroteo e non dubida en reconstruír o atentado contra Marga, milímetro a milímetro, se é necesario. No cuartel, pola súa parte, Quique non confía en Clara Durán e menos aínda tras comprobar que utiliza a tarxeta da sarxento Neira para acceder ao ordenador.
Mentres tanto, a xestión de Evaristo á fronte do serradoiro non tarda en dar froitos en forma de cuantiosos beneficios.