En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 50: Homes de palabra

Grazas á intervención de Quique no local dos rusos, a Garda Civil ten unha valiosa ferramenta para acabar coa mafia: o teléfono de Micaela. Pero ese non é a única fronte aberta para os axentes Marga Neira e Diego Bazán. 
Micaela sabe que as autoridades non tardarán en ir tras dela, polo que se ve obrigada a pór en marcha un plan de fuxida, rápido e sen contemplacións, aínda que iso supoña o abandono dun montón de mulleres, pechadas nun contador e sen ningunha posibilidade de supervivencia. Ante o perigo de que as mozas morran asfixiadas, o cuartel de Serramoura traballará contra o reloxo para atopalas e salvar as súas vidas.