En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 47: Nada que dicir

Os rusos enviáronlle unha mensaxe moi clara a Marga e a sarxento non dubidou en tomar nota. Pero se antes tiña ganas de deter a organización, agora, ao poñer en perigo a súa familia, converteu a súa misión nun asunto persoal.

Cando Marga avisa no cuartel do sucedido, Diego non tarda en sospeitar que Clara pode estar metida no allo. Estará involucrada neste feo asunto a alférez Durán? Pero a maior das sorpresas chegará cando fale directamente con ela, xa que lle revelará algo que o vai deixar coa boca aberta.

No serradoiro as cousas tamén andan revoltas. Gloria e Raquel reciben unha denuncia pola contaminación que produce a empresa. A pesar de que a denuncia é infundada, a actividade no serradoiro ten que suspenderse, polo que terán que buscar unha solución.

Pola súa parte, Teresa está decidida a acabar con Evaristo e non dubida en poñer en práctica o seu novo plan para conseguilo. Semella que o final do alcalde está moi preto.

Mentres tanto, Micaela encárgalle a primeira misión a Román: levar un cargamento de droga a Asturias. A pesar do trato que fixo, o pequeno dos Fiúza dubida da palabra de Micaela, o que pode poñer en perigo o transporte.