En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 41: O demo está en todas as partes

Tras a impresión que produciu no cuartel de Serramoura o caso dos Piñeiro, Marga e Diego xa dan pequenos pasos na resolución do caso. Agora mesmo teñen tres sospeitosos: Camilo, o director da escola; Aurora, a profesora dos nenos, e Marcial, un suposto amigo da familia. Pero, ao chegar os resultados das autopsias, a investigación sofre un novo revés.

Mentres tanto, Olaia, a única supervivente do masacre, segue aos coidados da familia Neira. Raquel non lle quita ollo á pequena, pero Moncho non está moi conforme con que viva con eles, xa que sofre moito coa lembranza de Álex.

En canto á poxa dos montes comunais, os posibles compradores están a buscar os cartos. Gloria non quere perder a ocasión de facerse cos montes do cura e non dubida en falar en Evaristo. Co que non contaba é co seu rexeitamento, o que fará que recorra a Rogelio, ex-alcalde de Serramoura e inimigo declarado do seu ex-marido. Pola súa parte, Santos sabe que precisa algún socio para entrar na poxa, pero ninguén en Serramoura está disposto a facelo, ou pode que si?