En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 32: Promesas

As alianzas en Serramoura son tan imprevisibles como pouco duradeiras. Agora Santos converteuse en provedor do serradoiro en mans de Gloria, á que fornece madeira. Pero parece que hai algo en que non conseguiron chegar a un acordo: ambos os dous teñen criterios moi distintos sobre a precisión coa que pesa a báscula do serradoiro. Detrás, como non, está Santos, personaxe obsesionado cunha soa cousa: o diñeiro. 
Mentres, un novo personaxe aparece en escena: o alcalde de Serramoura, Rogelio Fidalgo. Próximas as eleccións, trata de establecer novas alianzas, neste caso con Evaristo Fiúza. Pero o problema é que Evaristo non está afeito estar á sombra de ninguén. Por non falar dun pequeno detalle: non soporta a Rogelio.