En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 30: Asinado, sarxento

A familia Pardo abandona definitivamente Serramoura. Roque decidiu cederlle a súa parte do negocio a Román e pechar este capítulo da súa vida. A súa muller, María, diralle adeus para sempre a Evaristo, quen foi o seu amor de mocidade.

Gloria cre descubrir que Evaristo é o asasino de Carme Varela. Pero, se así é, por que o fixo? Sexa como sexa, a resolución deste misterio está en mans de Evaristo. E, no medio da investigación, Álex regresa á vila. Pero faino ás agachadas, quizais guiada polo seu instinto xornalístico. En que está a traballar a filla de Raquel e Pancho? Que pode ser tan secreto que lle impida, agora que está en Serramoura, visitar á súa propia familia? Moitas cousas cambiaron desde que a moza marchou.

E entre as novidades atópase o novo emprego de Santos, que agora traballa para don Amancio, o párroco de Serramoura. Unha estraña alianza que pode ter consecuencias inimaxinables. Alleo a todo isto, Hugo, o home de confianza de Evaristo Fiúza, atópase detido e á espera de xuízo pola suposta violación de Luz, a camareira da taberna.