En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 23: Desde a tumba

Anxo, o secuestrador de Silvia Pardo, está morto. A responsable é a sarxento Inés Carro, que desde un principio primou o seu desexo de capturar o que un día foi o seu secuestrador fronte á liberación da filla de Roque e María.

Santos e Pancho tiveron a oportunidade de deter o asasino en serie e, con todo, ante a posibilidade de que o serradoiro fose rexistrado pola Garda Civil, optaron por deixalo ir. Agora, seguros de que o home ao que tiñan no seu poder era o secuestrador, temen as consecuencias dos seus actos.

Silvia, a nova secuestrada, segue en paradoiro descoñecido. Encadeada e sen auga nin comida, os axentes da Garda Civil temen que non sobreviva moitas horas máis. Non teñen pista algunha que seguir, só as poucas pertenzas que o secuestrador levaba enriba no momento da súa detención.

Gloria e Santos fortalecen a súa alianza. Ela quere controlar o agora gran empresario da comarca e úneos o seu desexo de vingarse de Evaristo Fiúza.