En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 20: De caza

Chega un novo caso para os axentes da Garda Civil.  Os elementos deste caso son unha parella de senderistas e un accidente que, de maneira pouco probable, se converte en traxedia. Unha desaparición e unha terrible noticia. E o que é peor: non é a primeira vez que sucede.

Unha psicóloga especializada en perfís perigosos será destinada a Serramoura. A súa función será axudar en todo o posible na investigación. Cada minuto conta ao enfrontarse a un secuestrador, especialmente cando hai a certeza de que a súa intención é matar. Os axentes contan con moi pouco tempo para pescudar demasiadas cousas.

O negocio da madeira en Serramoura tomou novos camiños. Santos, á fronte do serradoiro máis poderoso dos arredores, recibirá unha visita inesperada. O capo, agora disfrazado de home de negocios honrado, recibirá unha proposta tan deshonesta como irresistible.