En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 112: Cruzar a liña

O caso de Carla continúa sen esclarecer en “Serramoura”. No cuartel, Marga e Diego concentran os seus esforzos en facer que Gabriel perda o medo e fale con eles sobre Carla e o seu paradoiro, pero o interrogatorio está sendo máis complicado do que agardaban e á veterinaria xa non lle queda moito tempo.

Por se non fose suficiente, Tomás recibe unha chamada de Comandancia en que lle anuncian a posible desaparición de Rebeca. A Word Cup, empresa á que representa en “Serramoura”, está meténdolles presión aos altos mandos e ao tenente non lle quedará máis remedio que encargarlle a Quique a investigación do caso.  A noticia da desaparición de Rebeca correrá como a pólvora pola da vila. Coa Garda Civil en marcha, Hugo intenta descubrir pola súa conta o paradoiro da súa xefa e non dubidará en achegarse a Santos para saber se tivo algo que ver no asunto. 

Mentres tanto, Teresa intenta ocultar as probas que a poderían apuntar como principal sospeitosa da desaparición de Rebeca, aínda que borrar o seu rastro non lle será tan doado como agardaba.
Na casa dos Neira as cousas tamén se complican, xa que Moncho atopou a pistola que Raquel mercou para protexerse de Rebeca e da Wood Corp. A idea de ter un arma na casa no fai nin chisco de graza e reclámalle á súa filla que se desfaga dela antes de que haxa algo que lamentar. Aínda así, o pequeno Moncho non tardará moito en atopala.