En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 111: Oú est-elle?

A semana pasada, no posto de mando de “Serramoura” acollíase con sorpresa a denuncia de Carla, unha moza veterinaria, contra o seu pai, a quen acusaba de intentala asasinar.  Pero a situación cambio de xeito sorprendente, ao aparecer o corpo se vida do proxenitor, morto de maneira violenta.

Agora a Garda Civil ten un nome: Gabriel, que por agora é o único sospeitoso do asasinato e, ademais, da desaparición de Carla, á que ninguén viu desde a morte do seu pai. Pero Gabriel está fuxido e a Garda Civil, sen perder un momento, puxo en funcionamento un amplo dispositivo de busca, con Diego, Marga e Quique á cabeza.

Allea ao que sucede no cuartel, Rebeca López de Longoria continúa coa execución de cada paso do seu plan para facer da Wood Corp a única dona da industria madeireira de Serramoura. Tras conseguir pararlle os pés a Santos, a base de ameazas sobre a súa vinculación coa desaparición de Antía, agora a executiva fixou o seu obxectivo en dona Teresa.

Para derrocar a muller máis poderosa de Serramoura non dubidará en tocar o único que para a viúva ten máis importancia que o seu negocio: a súa familia. Todos en Serramoura saben xa que os tentáculos de Rebeca poden chegar ata calquera lugar ou persoa. Rebeca sábeo todo sobre todos, os seus segredos e as súas debilidades. E se Rebeca puidese devolverlle a dona Teresa o que máis anhela? O seu fillo Gonzalo.