En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 109: Ardan os culpables

O día a día no posto de mando de “Serramoura” cambiou considerablemente. Marga Neira e Diego Bazán por fin son parella na súa vida privada, pero a súa nova situación parece estar a afectar seu traballo. De “telenovela” cualificará a situación o seu superior, o tenente Penedo. As miradas cómplices e unha especie de xogo de rivalidades case adolescentes forman agora parte do día a día dos sarxentos da Garda Civil. Sería boa idea propiciar a súa relación?
Pero o traballo é o primeiro e hai que aclarar o caso do operario asasinado no serradoiro. Os homes de Penedo están aínda moi lonxe de descubrir a implicación de Miro e o seu amigo Adolfo e moito menos de Hugo e da calculadora Rebeca López de Longoria. Axiña as pezas comezarán a encaixar, pero non sen antes pasar por unha terrible sucesión de acontecementos, algúns deles posiblemente froito da mala sorte.
Mentres, os veciños de Serramoura seguen a súa vida tras a partida de Gloria Moscoso. Pero esta ausencia faise moito máis patente no serradoiro dos Soutelo, que temen que, definitivamente, a Wood Corp lles gañase a batalla. Pero levarán unha grata sorpresa cando descubran que a ex-muller de Evaristo Fiúza lle cedeu todos os seus terreos madeireiros a Raquel.