En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 103: A porta está aberta

Catro persoas apareceron mortas nunha habitación dunha casa de turismo rural. Tras as primeiras comprobacións, todo parece indicar que se trata dun caso de intoxicación por monóxido de carbono, pero a escena axiña revelará que se trata dun asasinato múltiple. Así pois, os axentes do tenente Penedo teñen un novo crime que investigar.
Mentres, na casa de Quique e Sabela as cousas complícanse. O axente da Garda Civil está moi desgustado coa actitude da súa noiva, que foi capaz de mentirlle para librar a Román dun posible delito de tráfico de estupefacientes.