En Serie

Serramoura Serramoura

Capítulo 101: Esquece, memoria

O caso do cazador ten o persoal do posto de mando de “Serramoura” e a todos os veciños moi alterados. Para os primeiros, a desaparición do secuestrador dos Fiúza, ademais dun duro golpe, supón unha gran presión por parte da Comandancia, que esixe a resolución do caso. Para a vila, en xeral, un novo revés.
Pero o máis duro do caso e que Román, na súa caída polo barranco, sufriu unha lesión de medula que lle impide camiñar. Evaristo intentará encaixar a noticia, pero coa imposibilidade de non sentirse culpable.