En Serie

Pratos combinados Pratos combinados

Capítulo 016: Amnesia

Un golpe fortuito na cabeza, provocado por un descoido de Miro, produce amnesia en Antón. Non lembra nada do seu pasado, nin sequera a súa verdadeira personalidade. Antón convértese nun home atento, servicial, cariñoso e desprendido. Está tan cambiado que algúns desexan que quede amnésico para sempre.

Pero cando gasta a recadación do bar en mercar rifas para a viaxe de fin de curso de Migueliño, comezan a ve-lo asunto con outros ollos.