Ficha
As peripecias da familia Pereira á fronte do "Bar Suízo". O matrimonio formado por Miro Pereira e Balbina Santos comparte as súas aventuras e desventuras cotiás cos seus fillos Rosalía e Miguel. Xunto a eles, a avoa Carmen completa un panorama de tres xeracións con xeitos de pensar moi diferentes que desencadean frecuentes situacións humorísticas.
O tío Antón -irmán de Balbina-, e Paspallás un pintoresco repartidor de bebidas, forman parte tamén das vivencias da familia Pereira.
O sentido común de Balbina, o talante arroutado de Miro, as preocupacións ecoloxistas de Miguel, a busca do seu primeiro traballo por parte de Rosalía e as grandes ideas do tío Antón para poñer en marcha negocios imposibles forman unha paisaxe de contrastes na que aparecen situacións disparatadas e pingas de tenrura.