Ficha
Data de inicio de emisión:
O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír ao vello padre Don Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home irá encaixando nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento.
O seu obxectivo, o seu soño, era ir a Ruanda -onde xa hai unha misión da súa orde relixiosa- e a punto está de facelo, cando recibe unha chamada urxente do bispo. Precísao para cubrir unha vacante na súa Galicia natal.
Horacio, como bo sacerdote con voto de obediencia, ha de aceptar as consideracións dos seus superiores e chega a Louredo, despois de percorrer unha longa e sinuosa estrada, a substituir ó vello cura.
Inicialmente, cústaballe estar na pequena vila, pero pouco a pouco vai aceptando a súa xente e será aceptado por ela. Verá tamén que alí hai xente que precisa del... e que el mesmo, sen sabelo, necesita deles.