En Serie

O final do Camiño O final do Camiño

Ficha

Data de inicio de emisión:

2016

 Xénero/s:

Histórico

 Director/es:

Miguel Alcantud Díaz, Óscar Pedraza Fernández, Miguel Conde Otero

 Actor/es:

Antonio Velázquez, Javier Rey, Ismael Martínez, Begoña Maestre, Guillermo Barrientos, Juan Fernández, Paco Manzanedo, Joan Massotkleiner, Antonio Durán “Morris”, Manuel de Blas, Xabier Deive, Tito Asorey, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Fina Calleja, Inti el Meskine, Fernando Morán, Manuel Regueiro, Paulo Rodríguez, Sergi Méndez, Sergio Barbeito, Estíbaliz Veiga, Jean Doninikowski, Fernando Dacosta, Jaime Olías, Carlos Vilarino, Deborah Vukusic, Toni Salgado, Héctor Carballo, Ariadana Polanco, Patricia Peñálver, Said El Mouden, Abdelatif Hwidarei, Alejandro Martínez, Maxi Iglesias, Cristina Castaño, Asier Etxeandía.

 Restrición de idade:

 +12

"O final do Camiño" é unha serie de aventuras que recrea os convulsos anosda construción da catedral de Santiago, entre 1075 e 1120. Producida por VozAudiovisual para Televisión de Galicia e Televisión Española, estasuperprodución de oito capítulos conta con impactantes decorados para poñercontexto á historia de tres irmáns e á súa relación con personaxes da épocacomo os bispos Peláez e Xelmírez, ou a raíña dona Urraca.A ficción arranca cun ataque sarraceno que acaba coas vidas dos pais dosirmáns De Catoira e marca para sempre os seus destinos. Gonzalo convértese ensoldado cristián, Estevo, en aprendiz de construtor e traballador das obras dacatedral, e Pedro, secuestrado de cativo, nun fervoroso guerreiro musulmán. Ostres serán pezas clave na historia do seu tempo, coñecendo a ambición do bispoPeláez por edificar un templo que compita con Roma, a de Alfonso VI porconseguir o maior imperio cristián da época, a da raíña Urraca por ostentar opoder dun rei, ou a de Yusuf Ibn Tasufin por acabar cos cristiáns dapenínsula. Haberá tamén personaxes anónimos que encarnan o día a día daCompostela da época, como un médico xudeu que loita por salvar vidas contra osmandatos da Igrexa, un monxe que pon o contrapunto á ostentación e vanidadedas autoridades relixiosas ou un comerciante con pouca ética que ansía unhacidade próspera.