En Serie

Matalobos Matalobos

Requiem

Entrega especial ao xeito de homenaxe para todos aqueles que morreron na Sardiñeira, desde que esta vila de ficción acadou a fama pola loita contra os clans do narcotráfico. “Unha vez alguén dixo: todo o que tocas morre”, así recorda Carmelo Matalobos as premonitorias palabras que un día lle dixo, chea de rabia, a súa daquela muller, Bárbara, e parece que non lle faltaba razón.

   En “Réquiem” os creadores da serie ofrécennos unha lembranza de todos os personaxes que fixeron coas súas liortas e vinganzas as tramas dunha das series máis seguidas da TVG. Así, veremos máis polo miúdo quen eran, cal foi o seu papel nas tramas e como e por que lles chegou o final.