En Serie

Matalobos Matalobos

Ano 3: Identidades

No universo de “Matalobos”, nada e ninguén é como parece. Os espectadores da serie teñen a oportunidade de lembralo, no último capítulo especial que a Televisión de Galicia emite antes do comezo da nova tempada desta ficción de éxito.

    Despois de revisar os dous primeiros anos da serie, con capítulos dedicados á familia e ás traizóns, “Matalobos” centra o seu último especial nas dobres identidades. Colaboracións coa Garda Civil, axentes infiltrados e traizóns á Benemérita centrarán o interese dun capítulo en que a verdade permanece ben agochada.