En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 59: Só negocios

A vila da Sardiñeira está máis convulsionada ca nunca, pois os distintos clans teñen que verse as caras co novo home dos colombianos, de fama sanguinaria, que está a impoñer unha nova orde. Mentres, a fiscal Olaia Mosteiro debátese entre a vida e a morte, xa que, por ironías do destino, salvou a vida de Adriana  Calderón ao recibir o impacto da bala destinada á narcotraficante. Precisamente o erro do "Ruso” na súa misión de acabar con Adriana traerá graves consecuencias para as dúas grandes familias da Sardiñeira, xa que o xefe colombiano ten agora nas súas mans o poder de manexar a situación e poñer en marcha un plan infalible: secuestrar familiares e xente de confianza dos Matalobos e dos Veloso.

En ausencia da fiscal, a tenente Seixas faise cargo do interrogatorio a Adriana Calderón, que lle confesará algúns datos clave, pois sabe que só a Garda Civil pode protexela dos seus asasinos.