En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 80: "Todos me queren ver morto"

Despois do atentado, os nervios de Bárbara non pasan polo seu mellor momento e Belén decide axudala, pero ao seu xeito. A intervención da avogada suporá o comezo dunha relación menos tensa entre as dúas mulleres, aínda que as intencións de Belén poderían non ser tan desinteresadas como parece.

    Por outro lado, tanto a Garda Civil como a prensa, tratan de dar co autor do atentado contra Carmelo. Para Seijas e os seus, descubrir quen o quere ver morto poder supoñer descubrir cales son os negocios dos Matalobos. Pero candidatos hai moitos, desde Aníbal ata Pepe Viaño, A realidade é que son moitas as vítimas que Carmelo ten ás súas costas e parece que calquera podería estar disposto a facerllo pagar.

    Pero o interese de Vargas polo atentado decrece en canto descobre que Breixo foi capaz de recuperar o contido do móbil de Camila. Esta información serviralle ao xornalista para poñer a Seijas no camiño das novas actividades de Carmelo.