En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 78: "Primeira páxina"

Sardiñeira continúa revolta co resultado do xuízo a Carmelo e a posterior decisión de Esteban Garrido de presentarse ás eleccións á alcaldía. Pero o líder dos Matalobos está na rúa e non ten tempo que perder. Carmelo quere regresar aos negocios e está disposto a facelo pola porta grande. Sabe que ten a Garda Civil pisándolle os talóns, pero as súas novas actividades apuntan nunha dirección moi inesperada.

Doutro lado, Vargas encontra novas vías para continuar coa investigación sobre a morte de Camila. Unha revelación fará que o xornalista se propoña un claro obxectivo: encontrar o móbil da moza para poder demostrar que detrás de Esteban Garrido se agocha algo moito máis escuro ca un político máis ou menos corrupto.

Vanesa segue adaptándose á súa nova vida. Sen o poder nin os cartos que lle supoñía ser a muller de Mateo Veloso, a moza verá nas sorprendentes confidencias dunha compañeira de traballo, a mellor maneira para actuar en seu propio beneficio. A xogada que porá en marcha terá consecuencias imprevisibles e perigos cos que nin ela mesma contaba.