En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 77: Non hai inocentes

Vargas comeza a padecer as primeiras consecuencias da investigación que está levando a cabo. En contra do que o xornalista puidese pensar, Garrido non se contentará con envialo ao cuartel da Garda Civil. As actuacións contra Vargas comezarán a chamar a atención da tenente Seijas, cada vez máis interesada na información que manexa o xornalista.

Mentres, o xuízo polo asasinato de Marcos Matalobos chega á súa fin. Cando todo parece ir de cara para a defensa, Carmelo sorprende a todos coa súa intención de declarar. O que nin uns nin outros saben é que Carmelo, coma case sempre, garda un ás na manga, co que pretende darlle seu particular empurrón á xustiza. O resultado doo xuízo terá repercusións máis aló do propio tribunal.

Doutro lado, Vanesa segue enfrontándose ao seu propio pesadelo no traballo. Sen Mateo, sen Diego, sen un home ao que manipular, a moza non tardará en decidir que ten que coller a tixola polo mango, sacando a relucir parte do seu carácter.