En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 76: Non hai mentiras piadosas

Con Camila fóra de xogo, Garrido parece ter vía libre para os seus negocios coa familia Matalobos. A Garda Civil non ten pistas sobre a morte da xornalista e todos os indicios parecen apuntar a un atraco. Pero esta teoría non coincide coa manexada por Vargas, que ten as súas propias sospeitas. Tras conseguir a información do caso dun xeito pouco ortodoxo, o xornalista iniciará a súa propia investigación. Os seus métodos non tardarán en poñer sobre aviso a Garrido, que non dubidará en darlle ás accións de Vargas un xiro no seu propio beneficio.

Paralelamente ás actividades de Garrido, o xuízo contra Carmelo continúa coa chagada dunha nova testemuña. Pincho está disposto a demostrar a culpabilidade de Carmelo, pero a estratexia seguida pola acusación podería poñer en perigo non só o seu testemuño, senón tamén a súa vida.

Mentres, Vanesa ten os seus propios problemas. Atrás quedan os seus anos de Raíña de Sardiñeira, cando era a muller de Mateo veloso. Sobrevive como pode, oculta nunha vida rutineira. As cousas non serían tan complicadas se o seu xefe non estivese disposto a facer de cada unha das súas xornadas de traballo un autético pesadelo.