En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 70: Sen carga

Os clans da Sardiñeira non parecen levantar cabeza desde a chegada de Aníbal, que ten a todos controlados e que se converte no novo inimigo a bater, a todos incluído Carmelo Matalobos, que está decidido a cooperar coa fiscal Mosteiro con tal de acabar con el; sen cartos para poder fuxir da Sardiñeira, colaborar coa xustiza preséntase como a mellor opción para librarse dos seus encargos. Pero os pactos co líder dos Matalobos nunca estiveron libres de pagamento e se a fiscal quere información para atrapar a Aníbal terá que darlle algo a cambio. Namentres, no porto, a morte dun operario por intoxicación levanta as sospeitas da Garda Civil, que inicia unha investigación sobre un posible delito de introdución de mercadorías perigosas a través da instalación. Todo parece apuntar ás manobras dos Veloso, así que a presión policial porá en perigo o negocio do clan e deixa a Vanesa e a Pincho nunha difícil situación fronte a Aníbal.