En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 75: "Son Carmelo Matalobos"

É o momento para que a xuíza Olaia Mosteiro lles faga xustiza ás últimas verbas do capitán. O xuízo contra Carmelo converterase no punto de partida desta nova temporada e no escenario perfecto para o retorno dos vellos inimigos e tamén para demostrar antigas lealdades.

Son moitos os inimigos que o xefe do clan dos Matalobos fixo ao longo dos anos, inimigos dispostos a que Carmelo pague por todos os seus delitos, incluso se iso supón arriscarse a declarar na súa contra. Pero as actividades de Carmelo tamén causaron danos secundarios. Uns danos personalizados na figura de Esteban Garrido, pai dunha vítima das drogas e cara visible da asociación contra o narcotráfico, “limpemos Sardiñeira”. Pero algúns aspectos do pasado de Garrido serán o suficientemente sospeitosos como para que Camila, unha xoven xornalista inverta grandes esforzos en afondar na súa historia.