En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 74: Promesas cumpridas

Poderemos saber que ás ten gardado na manga o xefe da Sardiñeira, máis doente ca nunca despois de saber que Irene, a infiltrada da Garda Civil, foi asasinada polos homes de Aníbal.

Ante a celebración do cumio de seguridade que reúne na Sardiñeira os altos mandos da Garda Civil e da Interpol, Carmelo Matalobos ten ante si varios dilemas, xa que, por un lado, vese obrigado a acudir para cumprir co último encargo de Aníbal, acabar coa vida do capitán Ferreiro, e por outro ten a necesidade de amosarlle á Garda Civil que Aníbal e o alto cargo Alberto Guzmán son a mesma persoa, pero para iso fará falta unha confesión..


Doutro lado, o clan dos Veloso vive o seu ocaso particular, xa que Vanesa está arruinada e non para de recibir xente que antes a servía e agora é capaz de calquera cousa con tal de que lle devolva importantes cantidades de diñeiro.