En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 69: Sacrificios

Os problemas de Carmelo Matalobos para sobrevivir, despois de ver frustrado o intento de fuxir, nunha Sardiñeira onde todo está a cambiar con novos centros de poder, deixa o líder dos Matalobos nunha situación delicada que fai quentar aínda máis o duelo que mantén con Aníbal, o inimigo a bater. Pero como o pasado sempre está por volver, Carmelo vai levar unha gran sorpresa cando descubra quen está detrás da desaparición dos cartos para a fuxida.

Así a situación, permanecer na Sardiñeira obrigará a Carmelo a asumir as consecuencias de non cumprir co encargo de Aníbal e, se quere seguir con vida, volver a traballar para el, aínda que supoña asumir máis riscos dos que lle gustaría. Pero tampouco corren bos tempos para o clan dos Veloso, cunha Vanesa desesperada pola marcha dos negocios e obrigada a alianzas perigosas; que conta co único apoio de Pincho, e súa nai cunha fráxil saúde mental que a leva a decidir desaparecer levando o neto.