En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 64: "Promesas do Leste"

Todos están á expectativa na Sardiñeira coas novas “Promesas do Leste” e coa chegada dun novo home de poder, un misterioso personaxe chamado Aníbal que ninguén  sabe de onde vén e quen vén sendo. Para empezar, os negocios dos Veloso con este novo home conseguen espertar as sospeitas do clan dos Matalobos, primeiro porque Mateo paga sen protestar unha comisión excesiva e segundo porque a fama precede a Aníbal: desde o punto de vista de Carmelo, un narcotraficante cun sentido moi peculiar da honra e con todo o que representa debería estar moi lonxe da Sardiñeira. A chispa salta cando chega ás instalacións portuarias, procedente de Rusia, un colector cun grupo de mulleres aterrorizadas que agardan os homes de Aníbal, e unha delas consegue fuxir, grazas á neglixencia de Mateo Veloso, e para preocupación de todo o seu clan, xa que o novo home non admite erros e se a moza fala, todo rematará para eles.  

   Namentres, no cuartel, aínda están alleos á presenza de Aníbal na Sardiñeira, están bastante desbordados sufrindo as consecuencias da desmedida ambición da fiscal Mosteiro.