En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 60: Nada que perder

Será certo que ninguén ten “Nada que perder” no universo Matalobos? 

Lola e a infiltrada Irene, é cada vez máis dramática, xa que aínda que Pepe Viaño investiga pola súa conta o lugar do zulo, coa axuda de Carmelo, os raptores non tardarán en decatarse dos seus plans e abortarán a liberación. A situación é mala para todos os clans, sometidos a unha mesma misión, que pasa por eliminar a Adriana Calderón; así, Mateo Veloso tampouco o ten doado para saír deste túnel porque se decata de que para acometer tal misión necesita dun home sen nada que perder e ese home é Diego Dourado.

As frontes multiplícanse na Sardiñeira converténdose nunha bomba de reloxería a piques de estalar; ademais, no posto da Garda Civil segue a actividade frenética coa busca de Beltrán, o sanguinario xefe colombiano, para conseguir desactivar o secuestro antes de que cheguen os homes de Carmelo Matalobos.