En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 50: Os inimigos do leste

Convencido de que algún día recuperará o control sobre a Sardiñeira, Carmelo regresa con todo o seu esplendor. Coa súa nova banda, está disposto a quitarlle todo o protagonismo a Mateo Veloso, o seu contrincante, roubándolle unha importante partida de droga, sen que ninguén sospeite que estea detrás do feito. Mentres tanto, a Garda Civil traballa día e noite para dar coa droga desaparecida e consegue infiltrar unha axente na banda de Matalobos, Irene, que se fai pasar pola nova camareira da sociedade recreativa e á que Carmelo está a mirar con moi bos ollos.

Neste novo escenario, sen pazo e sen o poder de antes, co inimigo metido na casa e aínda sen sospeitar nada da infiltrada, Carmelo Matalobos vaise converter no peor pesadelo de Veloso, aínda que tamén amosa o seu lado máis tenro coa nai, cando se decata de que está enferma.