En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 54: Envíos urxentes

O novo sistema de distribución da droga en Galicia ideado polo clan dos Matalobos, decidido no último momento por Carmelo para satisfacer as novas demandas dos colombianos, ao mando de Adriana Calderón, vai facer saltar as alarmas na comandancia da Garda Civil da Sardiñeira, que lles pisa os calcañares para intentar levantar a tapadeira dos narcotraficantes. Noutro clan, o de Mateo Veloso, Vanesa decátase de que o que buscan os Matalobos é desestabilizar a Veloso e poñelo nervioso para que rompa a tregua e quedar así en ridículo diante dos colombianos.

Mentres, na casa de Carmelo a situación coa nai parece empeorar porque a enfermidade a leva a dicir de cando en vez algunhas grandes verdades, momentos de sinceridade aproveitados pola infiltrada Irene para pasarlle información ao capitán, se ben con moita precaución porque cando dona Carme está lúcida segue a ser tan perigosa coma sempre. Doutro lado, os soños de grandeza de Vanesa Viaño de facerse cunha posición de poder na Sardiñeira vanse cumprindo grazas a exercer a súa influencia sobre a veciñanza.