En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 52: Convivencia pacífica

A "convivencia pacífica" chegou á Sardiñeira, ou polo menos iso se desprende da nova situación imposta por Adriana Calderón, que parece ter domesticados o clan dos Matalobos e o de Veloso, sobre todo desde que a xefa dos colombianos decidise volver confiar en Carmelo para atopar unha nova vía transporte da mercadoría. Mentres tanto, a Garda Civil, que agarda que estale unha nova guerra entre bandas, levará unha boa sorpresa cando descubra que Mateo, Carmelo e Adriana mantiveron unha aparente reunión pacífica.

Unha das frontes máis intrigantes está precisamente en Irene, a infiltrada da Garda Civil (sarxento Varela), que ten a clave para o avance das investigacións contra Carmelo, con quen, para sorpresa do capitán Táboas, está a ter unha relación moi estreita, así como coa nai deste, dona Carme, a quen está coidando pola súa enfermidade. A infiltrada Irene vai ter que pasar unha proba de fogo con Carmelo que a forzará a gañarse aínda máis a súa confianza.