En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 71: Identidade secreta

A misión desta nova aventura na Sardiñeira parece moi clara, intentar poñerlle cara ao inimigo público número un das autoridades, o temido Aníbal, unha misión que vai liderar en persoa Carmelo Matalobos, nunha acción sorprendente para colaborar coa xustiza; pero iso si, unha colaboración que vai ter un prezo moi alto, pois  consciente de que se xoga a vida se alguén descobre o seu trato coa fiscal Mosteiro, vai esixir que os seus contactos se realicen a través dun intermediario que el coñece moi ben: a infiltrada Irene (sarxento Varela).

Grazas á colaboración do líder dos Matalobos, a Garda Civil está cada vez máis cerca de Aníbal, ao que necesitan identificar para que o peso da lei recaia sobre el, sobre todo antes de que chegue a celebrarse o cumio de seguridade sobre o que pretende atentar. Mentres, os homes de Carmelo, Zico e Antón, seguen obrigados a colaborar cos  Veloso se non queren que Carmelo coñeza os negocios que fixeron ás súas costas, algo que fixeron nun momento en que Zico comezou a ter dúbidas sobre a fidelidade ao seu xefe.