En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 85: Dúas balas

Despois dos últimos acontecementos nas tramas de “Matalobos”, a tenente Seijas está disposta a vingarse de Garrido, pero o recentemente elixido alcalde de Sardiñeira sabe ben como xogar as súas cartas.

Mentres Garrido segue gañándose á xente da vila coas súas promesas electorais, Carmelo e os socios están listos para comezar a operar ao grande. O xefe dos Matalobos ten un plan perfectamente deseñado. Un plan que ata inclúe unha descarga alternativa como cebo para a Garda Civil. Trátase dun traballo que Carmelo reserva para Tomé, o novo home de negocios de Sardiñeira, e ao que ninguén lle importa sacrificar.

Pero Vanesa non tarda en darse de conta do que Carmelo planea e ponse mans á obra para empregalo no seu propio beneficio. Pero cando o xefe dos Matalobos anda polo medio, nunca se sabe como poden acabar as cousas.

A Garda civil, pola súa parte, recibe o sopro da descarga, pero o gran número de detalles proporcionados polo confidente fai que Seijas desconfíe, ignorando a información. Só despois de recibir ordes directas de seus superiores, a tenente pon os seus homes en marcha. Seijas está segura de que o sopro é unha trampa, pero un acontecemento inesperado abrigaraa a poñer toda a súa atención na operación