En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 84: Dúas horas no inferno

Por fin chega a celebración da xornada de eleccións en Sardiñeira e as tensións dos últimos días están a punto de chegar á súa fin. Con todo, Carmelo non pensa deixar nada ao azar e ten todos os seus homes traballando co fin de obter a esperada vitoria.  Ten todo o seu prestixio apostado a unha só carta e Carmelo non é dos que saben perder.

Vanesa e Antón, pola súa parte, continúan coa planificación de seu negocio, pero a falta de discreción de Tomé ameaza con poñelos en xaque. Cando Carmelo descobre que alguén está operando en Sardiñeira ás súas costas, Tomé terá que facer fronte a un perigoso cara a cara co xefe dos Matalobos. A traizón de Vanesa e Antón parece a punto de saír á luz, pero un movemento inesperado de Tomé cambiarao todo no último momento.

    Á raíz da detención de Breixo, a relación entre Seijas e Vargas está máis tensa. O xornalista verase na obriga de entrevistar o novo alcalde. Unha entrevista onde sairán a relucir as tensións e rancores entre os dous homes. Claro que a proba de Vargas non é nada comparado co que o alcalde ten reservado para Seijas. Unha vinganza que cambiará para sempre a vida da tenente.