En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 83: "Perfecto culpable"

Tras a publicación das fotografías que sitúan a Garrido no escenario do asasinato de Camila, a popularidade do candidato non pasa polo seu mellor momento. As enquisas indican que perderá as eleccións e Garrido clama unha vinganza.

Non é o único que terá problemas. Os socios de Carmelo tampouco están contentos co impacto ca noticia poida ter na campaña. E son xente á que máis vale ter contenta, non lles sobra nin paciencia nin tolerancia cos erros.

Mentres, a Garda Civil ten máis presión ca nunca para resolver o asasinato da xornalista. É por iso que Seijas é readmitida no corpo para encontrar o asasino da moza xornalista.

Con todo, Carmelo, parece non ter motivos para perder a tranquilidade. O xefe dos Matalobos sabe que o único que necesita para sacar a Garrido de toda sospeita é un falso culpable.

Vanesa, pola súa parte, está farta dos encargos menores de Carmelo. A moza decide comezar coa súa particular liña de negocio, algo que a Antón non lle pasará desapercibido. A pesar da súa reticencia inicial en colaborar con Vanesa, o desprezo de Carmelo fará que Antón cambie rapidamente de opinión. O único que necesitan para comezar a operar é algún inxenuo que poña a cara no negocio. E Vanesa ten ao candidato perfecto.