En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 7: Retribución

O xefe dos Matalobos tiña a solución aos seus problemas entre mans, pero escapóuselle. Agora a situación complicouse e Adriana ten cada vez máis poder na Sardiñeira.

O negocio do narcotráfico que se está a desenvolver na Sardiñeira mestúrase co da prostitución: Carmelo, o xefe do clan, recibe a visita de Luís, un home con varias prostitutas a cargo, unha das cales ten como cliente habitual a un dos sicarios de Adriana. Sen embargo, Carmelo está decidido a recuperar o control sobre o negocio. Unha acertada intervención de Sara dará aos Matalobos a oportunidade: un golpe certeiro ao sistema de financiamento dos colombianos.

Os negocios dos Matalobos seguen a salpicar a outros veciños da Sardiñeira. Agora Vanesa, a filla de Pepe Viaño, vai entrar no negocio do narcotráfico: Salva explicaralle como ten que facer para vender.