En Serie

Matalobos Matalobos

Capítulo 6: O Canario

Carmelo Matalobos sabe que o seu avogado non resistirá moito tempo dentro do cárcere. Podería pasar que a xuíza o intentara convencer cun pacto substancioso ou que alguén o quitase de diante. Ningunha das dúas opcións lle valen ao narcotraficante; os Matalobos non admiten traizóns, pero tampouco abandonan a súa xente.

As sospeitas sobre a autoría do asasinato de Sindo Veloso parecen encamiñarse cara ao clan dos Matalobos. Carmelo sábeo e é consciente de que a investigación á que o está a someter a Garda Civil non axuda ao bo desenvolvemento dos seus negocios. O narcotraficante necesita urxentemente unha cabeza de turco á que lle cargar o asasinato. O plan non é desatinado; na Sardiñeira hai moita xente que lle debe favores a Carmelo Matalobos...

Sara, a filla de Arturo Campos está a descoidar o seu traballo na Universidade para ocuparse dos asuntos dos Matalobos. O pendrive oculto no marco de fotos do despacho de seu pai tena intrigada, pero non sabe como acceder á información que contén. A avogada vive obsesionada con sacar a seu pai do cárcere.